Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os expertos alertan da elevada presenza de avespas velutinas no outono

Os expertos alertan da elevada presenza de avespas velutinas no outono

Nesta época aumenta a poboación nas colmeas, con milleiros de obreiras cebando as raíñas para a reprodución

Tras os múltiples ataques deste insecto en Galicia, con tres falecidos en doce días, recomendan non facer rozas ata decembro sen levar traxe de protección e extremar as precaucións nas actividades no medio natrural, como a caza ou o sendeirismo

En outono culmina o ciclo de vida das velutinas, cando as raíñas son fecundadas polos abázcaros
Beatriz Sánchez 29/10/2025 13:58

A avespa asiática ten o pico de actividade no outono, cando o niño secundario é máis grande e a colonia está poboada por milleiros de obreiras recollendo alimento para as novas raíñas e abázcaros. Xa que logo, aumentan as probabilidades de atoparmos cun niño e cómpre extremar as precaucións.

Lolo Andrade, técnico de control de pragas especializado en velutinas, explica que “hai tantas obreiras porque teñen que cebar os abázcaros e as raíñas, e a xente ten que ter coidado e facer as rozas desde decembro a febreiro, porque elas xa non están, porque morren co frío, as obreiras e a xente que é profesional debe usar traxes especiais preparados para que non te poidan picar”.

Tras quince anos de invasión de velutinas en Galicia hai maior proliferación e os cazadores recoñecen que é un problema cotián cando saen ao monte. 

Porén, Miguel Blanco, socio do Tecor Terra Chá, recoñece: “Cando vas polo monte só vas pensando no teu ocio, na túa actividade. Nós metémonos polo medio das silvas no monte, pero non vas pensando nunca niso”.

Especialmente perigosa é a presenza de niños no chan, onde podemos pisalos, como lle pasou ao cazador falecido en Cospeito o domingo pasado.

"Estou quitando moitos en plantacións de millo e no medio un niño dun metro de altura, ou no medio das silveiras, dos toxais”, di Lolo Andrade.

Hai probas médicas para saber se somos alérxicos ao veleno das velutinas, pero que hai unha vacina. É moi importante é non esquecer levar con nós a medicación.

“Leva un inxector de adrenalina por se entras en choque anafiláctico e un antihistamínico moi potente para reducir os efectos do veleno”.

Nas actividades na natureza cómpre vixiar a elevada presenza de avespas, que indicaría a proximidade dun niño, afastarnos e chamar o 012 para que os técnicos acudan eliminalo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos