Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os excesos das compras en liña

Os excesos das compras en liña

Esta forma de mercar pode levarnos a caer na compra compulsiva

Algúns consellos para porlle freo son desactivar as notificacións, non gardar o número da tarxeta de crédito dentro da aplicación, facer unha lista do que realmente un quere comprar e poñer un límite de gasto mensual

G24.gal 10/09/2025 14:57

As compras en liña levan xa un tempo sendo unha realidade. De feito, hai un sector moi grande da poboación que xa cualifica este método como o seu favorito para realizar as súas compras.

Moita xente apunta que realiza as súas compras de xeito online polo aforro de tempo ou a comodidade que isto lles reporta ás súas vidas, pero hai que ter moito coidado con isto, porque debido a diversos factores presentes nas páxinas web, pódese chegar a caer na compra compulsiva.

"Compro cousas que realmente non necesito porque están rebaixadas ou igual compras un pantalón e ves unha camiseta por dous ou tres euros máis", di unha rapaza.

"Ti se vas fisicamente a unha tenda, normalmente vas en busca de algo en concreto. En cambio, se vas por Internet adoita levarte a outro enlace ou a outra pendra que, de repente, che gusta", comenta un rapaz.

"As aplicacións que se utilizan hoxe en día funcionan cun algoritmo que nos encamiñan a desexar e querer uns artigos que nin sequera tiñamos pensado no momento no que entramos na aplicación. Tamén é certo que dentro desas aplicacións utilizan pequenos minixogos, moi parecidos aos das tragaperras, que inciden todos nun circuíto, chamado circuíto do sistema límbico, que é a nosa parte máis impulsiva. Isto é o que fai que ao final estea gastando máis diñeiro do que realmente pensara", conta Amanda Roux, psicóloga especialista en condutas adictivas.

A propia Amanda Roux apunta algúns consellos para poñerlle remedio a esta situación:

"Desactivar as notificacións, non gardar nunca o número da tarxeta de crédito dentro da aplicación, facer unha lista do que realmente un quere comprar antes de entrar na aplicación e poñer un límite de gasto mensual".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos