Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido no Porriño un fuxitivo cunha decena de ordes de busca tras unha persecución

Detido no Porriño un fuxitivo cunha decena de ordes de busca tras unha persecución

O sospeitoso "levaba fuxido da xustiza máis de tres anos" e circulaba nun vehículo roubado pouco antes en Tui

O vehículo en que ía foi recuperado e devolto ao seu lexítimo dono/Policía local do Porriño O vehículo en que ía foi recuperado e devolto ao seu lexítimo dono/Policía local do Porriño
G24.gal 10/09/2025 16:29

Un home de 36 anos, que circulaba sen permiso de condución e cunha decena de ordes de busca, foi detido pola Policía Local do Porriño tras unha persecución nun coche roubado.

Segundo informaron fontes policiais, o sospeitoso "levaba fuxido da xustiza máis de tres anos" e circulaba nun vehículo roubado pouco antes en Tui.

O condutor, que nunca obtivo o carné de conducir, tratou de fuxir ao detectar a presenza dos axentes, circulando a toda velocidade polas rúas do municipio, mesmo en sentido contrario, ata que chocou contra un gardarraíl na avenida Arquitecto Palacios.

Ao identificalo, os policías comprobaron que lle constan ata unha decena de ordes de detención e unha de ingreso en prisión ditada polo Xulgado do Penal 1 de Pontevedra.

De feito, este home está investigado pola súa presunta participación en varios roubos con forza cometidos en establecementos comerciais do Porriño, e estaba a ser buscado polas forzas policiais, de modo que, ante a presión, tivera que cambiar o seu lugar de residencia.

O vehículo en que ía foi recuperado e devolto ao seu lexítimo dono, que non se decatou do roubo ata que foi avisado pola Policía.

O sospeitoso foi posto ao dispor do Xulgado de Garda do Porriño, que acordou o seu ingreso na prisión da Lama.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade