Un traballador morto en Santa Comba ao caerlle enriba un ferro
Os servizos de emerxencias trataron de reanimar á vítima, aínda que só puideron confirmar o seu falecemento

Un home faleceu este mércores tras caerlle un ferro encima mentres traballaba na parroquia de Santa Sabiña en Santa Comba (A Coruña).
O 112 Galicia foi coñecedor deste accidente mediante un particular, arredor das 13:20 horas. Polo que indicou o alertador, non se atopaba atrapado.
De contado, os xestores do 112 Galicia informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago, á Garda Civil e á Policía Local.
🔴 #AXEGAInforma dun traballador falecido en Santa Comba.
— 112 Galicia (@112Galicia) September 10, 2025
📍 O Busto, na parroquia de Santa Sabiña.
➡️ Á vítima caéralle un ferro enriba.
🔗 https://t.co/yEaJBbYOV4 pic.twitter.com/VFImbztYjk
Os servizos de emerxencias trataron de reanimar á vítima, aínda que só puideron confirmar o seu falecemento.