Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un científico galego consegue medir o violento retroceso que sofren os buratos negros tras unha colisión

Un científico galego consegue medir o violento retroceso que sofren os buratos negros tras unha colisión

Juan Calderón é investigador Ramón y Cajal e do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías

Analizou as ondas gravitaciónais para calcular a velocidade do kick, ou retroceso gravitacional

A velocidade, ao superar os 50 quilómetros por segundo, pon o burato fóra do cúmulo de estrelas onde se producen as colisións

G24.gal 10/09/2025 14:30

Só dez anos despois de constatar a existencia das ondas gravitacionais, o mundo da ciencia volve andar revolucionado, esta vez polo descubrimento dun científico galego. Ten trinta e nove anos e é natural de Silleda. Juan Calderón foi quen de medir a velocidade do retroceso que sofren os buratos negros despois de colidiren entre si.

Pensen en dous buratos, xirando e emitindo ondas gravitacionais, ata que finalmente coliden entre si, e se funden formando un só burato.

"Este buraco negro final non queda no sitio senón que sae disparado a velocidades que poden chegar a miles de quilómetros por segundo", explica Juan Calderón, Investigador Ramón y Cajal e do Instituto Galegio de Física de Altas Enerxías
 

Juan Calderón basesouse no estudo dos restos das ondas gravitacionais descubertas hai agora dez anos, co LIGO, entre outros por Kip Thorne,  veterano científico que nos visitou en primavera. 
 

Calderón analizou ondas de hai 2.300 millóns de anos. E os seus cálculos permitiron descubrir a velocidade do denominado retroceso gravitacional.

 "Imaxina unha escopeta, que sería o buraco negro, e as balas serían as ondas gravitacionais. Cando disparas, a escopeta ten un retroceso. Neste caso, as ondas gravitacionais, que terían o rol das balas, serían neste caso moitas balas que se disparan a diversas direccións. E hai certa información aí que podemos aproveitar para entender cal é a velociade á que saíu disparado o buraco negro final, e onde estamos nós respecto da traxectoria que define", explicou Juan Calderón, Investigador Ramón y Cajal e do Instituto Galegio de Física de Altas Enerxías
 

O logro, enorme, acaba de ser recollido por unha das publicacións máis prestixiosas do mundo, Nature Astronomy, despois de case tres anos de exhaustiva revisión e contraste.  En conxunción co estudo de sinais electromagnéticos, este achado axudará tamén a calcular a velocidade coa que o universo se expande. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade