Publicador de contidos

Publicador de contidos

A campaña de Nadal supón para os restaurantes entre un 20 e un 30% da facturación anual

A campaña de Nadal supón para os restaurantes entre un 20 e un 30% da facturación anual

Esta fin de semana e a próxima son das máis demandas para comidas con amigos e ceas de empresa

G24.gal 13/12/2025 21:06 Última actualización 13/12/2025 21:19

O sector hostaleiro afronta días de moito traballo. Estamos en tempo de xuntanzas arredor de mesas servidas. Esta fin de semana e a próxima, na antesala do Nadal, son das máis demandadas para comidas con amigos e ceas de empresa. Preguntamos nun establecemento de Teo polo seu menú con máis saída.

"É un menú de 55€ que se compón de aperitivos, primeiro, segundo e terceiro prato, con sobremesa, viño, licores, café e baile", explica Antonio Rodríguez, xefe de camareiros do restaurante San Martiño.

Ir en grupo a comer ou cear sen reserva nesta época do ano é tarefa complicada. Moitos locais levan tempo completos. Os comensais apuran cada vez máis a apalabrar mesa. Hai quen o fai con meses de adianto.

"Nós adoitamos pedir 30€ de adianto por persoa para formalizar a reserva e garantizar que os que reservan asistan á cea", conta Antonio Rodríguez.

A campaña do Nadal é crucial para o hostalería. Pode supoñer entre un 20 e un 30% da facturación anual dos establecementos de restauración.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade