Publicador de contidos

Publicador de contidos

Reclaman que se garantan cartas en papel na hostalería

Reclaman que se garantan cartas en papel na hostalería

Dende a pandemia, o máis frecuente é que bares e restaurante conten coas súas cartas dixitais, dispoñibles a través dun código QR

Os maiores reclaman que se garanta o seu dereito a ter o menú no formáto clásico de papel

Esta opción non sempre está dispoñible en todos os establecementos

G24.gal 20/03/2026 14:37

Sentar na mesa e coller a carta ou sacar o móbil para escanear un código. O acceso ao menú pode depender dos gustos do cliente. O problema aparece cando un negocio non ofrece a carta física.

Os maiores, sobre todo, pero tamén outros usuarios reclaman que se vixíe que todos os establecementos ofrezan esa posibilidade.

A demanda dun e doutro modelo, físico ou dixital, tamén varía dependendo dos locais e do tipo de clientela. Algúns negocios, sobre todo bares e cafeterías, resisten co papel.

Organizacións de consumidores advirten de que é obrigatorio que os negocios teñan á vista dos clientes os prezos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade