Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen un home tras a morte dunha muller que caeu desde un terceiro piso no Carballiño

Deteñen un home tras a morte dunha muller que caeu desde un terceiro piso no Carballiño

Polo de agora non se sabe se pode estar relacionado cun accidente, cun intento de suicidio ou cunha agresión

G24.gal 05/05/2026 16:55 Última actualización 05/05/2026 18:49

A Garda Civil detivo un varón despois de que unha muller se precipitara desde un balcón dun terceiro piso no municipio ourensán do Carballiño.

A detención é preventiva mentres non se aclara se a muller caeu por accidente, intentou suicidarse ou foi empurrada.

A Garda Civil non desbota ningunha das hipóteses.

Os feitos producíronse arredor das 3 da madrugada deste martes na rúa Curros Enríquez.

Como consecuencia da caída, a vítima foi trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense en estado grave, pero está fóra de perigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar