Co Nadal volven as pistas de xeo
Varias cidades galegas acollen este tipo de entretemento que reúne socialización e deporte
Volven as pistas de xeo a varias cidades galegas, como adoita suceder cada ano coa chegada do Nadal. Visitamos a que se instalou na praza da Milagrosa de Lugo. Centos de pequenas e pequenos pasan por ela cada día. Tamén hai adultos, os máis deles nais e pais dos menores que se animan a probar sorte enriba destes patíns.
"Queremos ambiente para o barrio, para os negocios e a hostalería e con esta actividade móvese a xente, así que estamos contentos", din desde a comisión de festas do barrio da Milagrosa.
"É a primeira vez que patino sobre xeo e teño moita ilusión", di unha cativa.
"Hai moito que non o fago e gústame pero teño moito medo" di outra pequena.
No caso desta pista, os encargados de traela a Lugo foron os membros da comisión de festas da Milagrosa. Ángel Canario, un dos partícipes desta asociación, coméntanos que a pista de xeo está sendo un "éxito total" entre o público. Tanto é así que están pensando na idea de traer unha de máis capacidade para o Nadal de 2026.