Xa se pode ver en Galicia a superlúa da colleita
É unha das citas astronómicas máis destacadas do outono
Xa se pode ver sobre o ceo de Galicia a superlúa da colleita.
Din os expertos do observatorio Astronómico Nacional que esta superlúa de outubro é unha das citas astronómicas máis destacadas do outono.
Será esta madrugada pouco antes das 6 da mañá cando se verá no seu máximo esplendor aínda que será visible durante varias noites.
As superlúas teñen lugar cando coincide a fase de lúa chea coa maior proximidade deste satélite á terra.
A lúa está agora mesmo no punto máis próximo, a algo máis de 363.000 quilómetros de nós, isto fai que a vexamos ata un 14% máis grande e un 30% máis brillante que unha lúa chea común.
Din os expertos que as mellores condicións para vela son os lugares despexados e sen contaminación lumínica como zonas rurais ou praias.