Unha aliñación planetaria permite contemplar ata seis planetas no ceo
Venus e Xúpiter, os máis brillantes, foron os máis doados de identificar e observar
Catro dos cinco planetas observables desde a Terra a simple vista desfilaron pola bóveda celeste acompañados da lúa en fase crecente. O fenómeno coñécese como conxunción planetaria, unha excusa perfecta para erguer a mirada e observar o ceo nocturno.
"Podemos ver os planetas nunha zona bastante concentrada do ceo. Podemos ver Venus, Mercurio, Xúpiter, Saturno e a Lúa dun ollada", explica o astrónomo Borja Tosar.
Xusto despois do solpor as miradas dirixíronse cara o oeste e buscaron o brillo de Venus e Xúpiter para guiar a observación. Trátase dunha aliñación visual provocada pola perspectiva terrestre sobre a eclíctica. Non é un fenómeno extraordinariamente raro, pero si fascinante porque axuda a comprender mellor a arquitectura do Sistema Solar.
"As posicións dos planetas non se repiten con regularidade. Iso significa que poderiamos tardar décadas ou séculos antes de ver de novo unha conxunción exactamente igual a esta. Non obstante, nuns meses pode haber outra semellante na que se vaxan os mesmos planetas e que pode ser máis espectacular que esta", comenta.
Os desfiles planetarios son propicios para contemplar a disposición de distintos mundos no ceo crepuscular e un convite a deterse para observar o firmamento.