As Xeménidas deixan un espectáculo de meteoros no ceo nocturno
O último fenómeno astronómico do ano pódese apreciar no seu esplendor, con ceos despexados e lúa minguante.
As noites do 13 e o 14 de decembro son as mellores para gozar da chuvia de estrelas
Os que queiran gozar do último evento astronómico do ano están de parabén. Os ceos despexados van permitir apreciar as Xemínidas en todo o seu esplendor. Iso si, cómpre preparar algunha bebida quente, un bo abrigo e buscar unha zona sen iluminación artificial.
"Temos que irnos a zonas rurais para ter ceos escuros. E moi recomendable levar moita roupa de abrigo, que estamos en decembro, levar unha cadeira de praia para non estar directamente en contacto co chan. Podemos levar tamén comida, auga, unha manta... é unha noite de dez garantida." Explica José Jiménez, Ceo de AstroÁndalus, empresa de astroturismo.
Malia que coñecemos mellor a chuvia de estrelas das Perseidas no verán, este fenómeno ofrece moitos máis meteoros, máis brillantes e máis lentos.
"Son un pouco máis lentas, máis densas, máis brillantes. Ten diferenza con outras. E tamén unha diferenza importante é a cantidade de meteoros por hora, que é bastante numerosa. Este ano estaremos por 120 ou 140 meteoros por hora." Di Nacho Pérez, director do centro de divulgación Galáctica.
Segundo os espertos, o mellor momento para observar as Xemínidas será na madrugada do sábado 13 antes de que saia a lúa, entre a unha e as tres. O fenómeno coincide este ano con lúa minguante, un ceo escuro en que van destacar coma nunca os pequenos fragmentos que se desprenden do asteroide Faetón.
