Matan dunha puñalada un home no parque de Santa Margarida, na Coruña
A agresión mortal produciuse tras unha discusión entre os dous homes, segundo relatan as testemuñas
O suceso produciuse contra as 21 horas, preto dos baños públicos situados ao lado do parque de Santa Margarida
Na Coruña, produciuse un apuñalamento mortal esta noite no parque de Santa Margarida. A vítima é un mozo duns vinte anos, segundo nos confirmaron fontes da Policía Nacional, que investiga o ocorrido.
O suceso rexistrouse arredor das nove da noite deste sábado nas inmediacións do parque de Santa Margarida, preto da porta que dá á Rolda de Nelle. O agresor está detido e foi trasladado ao cuartel de Lonzas.
Segundo as primeiras hipóteses, todo comezou cunha discusión entre o agresor e o agredido. Un deles sacou unha arma, probablemente unha navalla, e cravoulla ao outro. O presunto homicida, con antecedentes penais, fuxiu do lugar, pero foi detido pouco despois.
Os axentes precintaron a zona mentres buscan a arma do crime. O caso está en mans da brigada xudicial da Policía Nacional da Coruña.