Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un muro caído desde hai un mes obstrúe un camiño en Gondomar

Un muro caído desde hai un mes obstrúe un camiño en Gondomar

Os veciños da parroquia de Chaín non entenden por que non se retiran as pedras

G24.gal 03/03/2026 13:34

As borrascas do pasado mes arrasaron cun muro na parroquia gondomareña de Chaín. As pedras da construción levan desde aquela, máis de trinta días sobre o vial da PO-331 provocando que os veciños de lugares como A Mourisca, Paraboa, O Loureiro e Rego de Auga teñan que facer rodeos de case vinte minutos máis.

Ninguén entende en Chaín por que non se retiran as pedras do firme que obstrúen a circulación na PO-331. Sobre todo entre os núcleos de Paraboa e Loureiro. Algúns veciños din que os seus traxectos en coche medraron de dous a  trinta minutos e hai coches que non caben por estes carreiros.

Os veciños poderían entender que o muro se tardase en construír por atrasos nos permisos ou licenzas pero o que non conciben é que as pedras aínda estean ciscadas alí.

Na súa desesperación comezaron a recoller sinaturas polas oitenta casas da contorna. Outro dos grandes problemas que padecen é a falta de rede de saneamento que provoca que as súas foxas de xurro non dean feito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade