Xulgan un matrimonio de Betanzos por pechar e atar á cama un ancián de 81 anos
Os acusados, fillo e nora da vítima, negaron os feitos
O home di que non o contou antes porque lles tiña medo
"- Vostede e a súa esposa mantiveron a seu pai confinado no interior dun cuarto desa vivenda? - Non".
"- Non chegaron vostedes a atalo de pés e mans nalgunha ocasión?. - Non".
"- Colocaron uns cadeados nas portas? - Na porta do seu cuarto, si. Polas noites".
Así negaba o acusado os feitos polos que é investigado a preguntas do Ministerio Público.
Tamén se lle acusa de manter o ancián de 81 anos en condicións precarias e insalubres, dándolle cueiros para que fixese as súas necesidades e non ofrecéndolle comida nin bebida durante o día ou só unha vez en pequenas cantidades.
"É todo mentira. Se esta persoa estivese atada de pés e mans, como fala sempre coa miña veciña, que está aí de testemuña, ou pídelle auga?", di a procesada.
Uns feitos ben distintos aos que relatou a propia vítima:
"- A vostede pechárono no cuarto? - Si, señor".
"- As súas fillas estaban ao tanto desta situación?. - Non podían estar ao tanto porque, cando me chamaban, collía ela".
"- Tiña medo eu tamén. - Do seu fillo e da súa nora? - Si, señor".
Os investigados enfróntanse a dez anos de cadea.