Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os socialistas suspenden o proceso interno polo caso Tomé e piden deixar actuar a xustiza

Os socialistas suspenden o proceso interno polo caso Tomé e piden deixar actuar a xustiza

A Fiscalía abre dilixencias contra o alcalde de Monforte tras ver indicios fundados de acoso sexual ou abuso no exercicio da Función Pública

G24.gal 03/03/2026 14:54 Última actualización 03/03/2026 15:17

Os socialistas marcan distancias co caso Tomé. As denuncias internas no partido deixan paso a unha investigación penal tras da querela presentada pola Fiscalía contra o que fora presidente da Deputación Provincial de Lugo.

"Nós temos que paralizar o expediente que estaba aberto e deixar que a xustiza obre libremente", explica Elena Espinosa, do PSdeG.

José Tomé abandonou o Partido Socialista e renunciou á presidencia provincial. Pero continúa como alcalde de Monforte co apoio dos concelleiros socialistas. Desde o partido defenden a resposta neste caso.

"Actuamos con rapidez e contundencia. A partir de aquí hai que deixar que a xustiza avale", defende o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco.

Un proceso xudicial que, di Tomé, lle vai permitir defenderse con garantías. Pero avanza que non ten intención de dimitir. Desde o BNG pídenlle que marche.

"José Tomé Roca non debe seguir nin un minuto máis nin como alcalde de Monforte nin como deputado provincial na Deputación de Lugo", di Olalla Rodil do BNG. 

Pero os populares responsabilizan os socialistas e nacionalistas da situación de Tomé.

"Oxalá fosen quen de practicar a mesma coherencia que con tanta facilidade receitan aos demais. Estamos na semana do 8-M e sería un excelente momento para que racharan ese pacto da vergoña", pide o popular Alberto Pazos.

A Fiscalía considera que os feitos denunciados presentan indicios fundados de criminalidade e poder ser constitutivos dun delito de acoso sexual e de abuso no exercicio da función pública.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade