Publicador de contidos

Publicador de contidos

Luz verde á lei que reduce a xornada docente e o número de alumnos por clase

Luz verde á lei que reduce a xornada docente e o número de alumnos por clase

O proxecto de lei establece un máximo de 22 estudantes por aula en educación primaria e de 25 en secundaria e rebaixa a xornada docente ata un tope de 23 horas semanais en infantil, primaria e educación especial e de 18 en secundaria e bacharelato

O alumnado con necesidades educativas especiais contará como dobre praza nos centros públicos

G24.gal 21/04/2026 14:06

O Goberno aprobou o proxecto de lei que baixará o número máximo de alumnos por clase e reducirá a xornada do docente de primaria e secundaria, no marco dun calendario que empezaría aplicarse o próximo curso, aínda que a norma debe superar antes o seu trámite parlamentario.

O Consello de Ministros aprobou en segunda volta esta lei que propuxo hai case seis meses a exministra de Educación Pilar Alegría e que a nova titular do Ministerio, Milagros Tolón, retomou a final de ano.

O proxecto de lei establece un máximo de 22 estudantes por aula en educación primaria e de 25 en secundaria (fronte aos 25 e 30 actuais) e rebaixa a xornada docente ata un tope de 23 horas semanais en infantil, primaria e educación especial e de 18 en secundaria e bacharelato.

O alumnado con necesidades educativas especiais (NEE) contará como dobre praza nos centros sostidos con fondos públicos.

Estas dous últimos criterios empezarían a aplicarse no curso 2026-2027 e a maioría de comunidades gobernadas polo PP pediron máis tempo para a súa implantación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade