Moncloa nega que Sánchez e Leire Díez se reunisen
O PP sinala os socios do PSOE como cómplices, din, da corrupción
A axenda de Leire Díez, intervida pola Garda Civil, e as súas referencias a Pedro Sánchez segue marcando a actualidade. O PSOE mantén que o presidente do Goberno descoñecía todo o relacionado coa trama.
Dende o Partido Popular aseguran que situación é insoportable e que a degradación debe finalizar.
Leire Díez apuntou na sua axenda unha reunión con P.S.. Non é a única referencia: noutra páxina aparece: "acordo con P.S" . E outra anotación sinala:: "Pedro non se fia do DAO", o director adxunto operativo da Garda Civil.
Moncloa desmentía calquera encontro entre Díez e Sánchez na mesma liña que horas antes apuntara o presidente do Goberno dende Montenegro.
A UCO, no informe coñecido esta semana, sinala que o "ONE" citado en varias ocacións pola trama so pode ser Pedro Sánchez. Unha trama que tiña como finalidade protexer o PSOE e a Sánchez e o seu entorno das invesgigacións xudiciais e policiais.
Este sábado, o Partido Popular fala dun goberno colapsado, con casos de casos de corrupción insostible e que ofrece un escándalo continúo. E nesta situación, insisten os populares, non lle queda outra a Sánchez que disolvver as Cortes, convocar eleccións e que se pronuncien os cidadáns