España golea a Inglaterra (4-0) e queda a un paso do Mundial do Brasil
As de Sonia Bermúdez lideran o grupo, e acadarán a clasificación se derrotan o martes a Islandia
Mallorca fixo festa para celebrar a goleada da selección ante Inglaterra que a deixa a tres puntos para o Mundial. A superioridade foi absoluta e comezou a manifestarse os dezanove minutos cando Patri Guijarro adiantou o combinado nunha magnífica xogada individual con autopase incluído.
Antes de chegarse o descanso, as de Sonia Bermúdez ampliaron a súa vantaxe nunha triangulación culminada por Alexia a pase de Mariona.
Inglaterra non disparou unha soa vez entre paus. O máis preto que estivo da portería foi neste lanzamento de Stanway que prologou o terceiro tanto español.nunha internada de Ona resolta por Alexia. Brons sacou o primeiro disparo, pero non puido evitar que a barcelonista aproveitase o rexeite, para volver marcar.
A entrada no campo de Aitana Bonmati trouxo consigo un novo tanto. A actual balón de Ouro tan só levaba un minuto no campo cando atopou a Claudia Pina para que castigase a Hampton cun cuarto gol.
Con tres máis o martes ante Islandia, a selección poderá defender o seu título mundial o vindeiro ano no Brasil.