A mocidade non sabe facer a compra
Moitos non saben calcular cantidades e dálles vergoña interactuar con peixeiras e carniceiras por medo a non saber que responder
Algúns deles colgaron vídeos nas redes sociais contando a súa frustración, e fixéronse virais
Relaciónanse moi ben nas redes sociais, son uns linces nas compras por Internet, pero cústalles ir aos mercados porque non saben comprar
"Todo envasado, cortado, é moito máis cómodo para nós, porque nos dá vergoña preguntar".
"Pregúntanche que corte queres, e, claro, aí chega o momento de responder e non sabes".
"Dinche canto queres e quedas aí pillada porque ti sabes que queres un cachiño, pero non sabes a cantidade exacta ou que parte da carne ou do peixe", contan algúns adolescentes.
"É un trato moito máis directo, non é coma quen vai facer a compra a un súper e practicamente soamente interacciona co caixeiro, aquí é trato directo", apunta unha muller.
E iso é o que máis lle custa á mocidade.
"Si, ás veces dá un pouco de medo ir falar co carniceiro ou o que sexa", confesa un rapaz.
"Case non falan, case cho piden por sinais pouco máis". Senten como ata vergoña, si". "Iso si, non falan, pero escoitan, e unha vez vas falando déixanse aconsellar", explican varios praceiros.
E asesorar polos que saben
"Pódeslle falar de xarrete, pódeslle falar de croca, de costeletas, pero non o localizan dentro do que é o animal", din os carniceiros.
Tampouco saben despois como despezalo para cociñar, cústalles manipular os alimentos en cru.
"Iso de partir un polo non...".
"Dáme noxo, pero non sei non teño nin idea como se fai", continúan os adolescentes.
"Saben o que é un zanco de polo e unha ala porque a comen todos os días", conta unha avoa.
"Se a todos os nenos lles aprenden dende pequenos ir á praza a mercar en carnicerías e peixerías el vai aprender e vai ver que iso é algo normal pero como non imos dános moita vergoña porque é algo novo", conclúe unha rapaza.