Publicador de contidos

Publicador de contidos

Adeus ao mítico bocadillo de luras da praza de Ourense, na Coruña

Adeus ao mítico bocadillo de luras da praza de Ourense, na Coruña

Down Experience, en concurso de acredores

Os coruñeses lamentan o peche do quiosco mentres lembran o recendo a luras fritidas

G24.gal 03/12/2025 14:19

Pechado a cal e canto está desde o luns pasado este emblemático quiosco da praza de Ourense, coñecido polos seus bocadillos de luras: "Dá mágoa que pechase".

Un pequeno local que durante décadas foi o punto de encontro de varias xeracións que, tras unha xornada de traballo, logo de dar un paseo ou mesmo antes de coller o autobús, facían unha parada para gozar do seu sabor inconfundible.

Un costume que recuperaron hai catro anos, cando Down Coruña puxo en marcha unha iniciativa innovadora cuxo propósito era servir de lanzadeira formativa en hostalería para persoas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais.

"Analizamos moitos parámetros e non podemos seguir co noso labor. Pero desde Down Coruña seguimos traballando no pleno emprego", di María Díaz, presidenta de Down Coruña. "É unha mágoa, Pero outra cousa nova vai saír", comenta un coruñés.

E así será, porque, nestes días, xa foron varias as empresas que se interesaron por valorar a incorporación dos 10 empregados que quedaron sen traballo.

"A verdade é que si. Xa houbo un par de hostaleiros interesados e para nós é unha noticia marabillosa", engade Díaz.

Con este peche, A Coruña perde outro anaco da súa historia cotiá.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade