Publicador de contidos

Publicador de contidos

Profesionais trasladan a oficina ás cafeterías fronte ao illamento do teletraballo no fogar

Profesionais trasladan a oficina ás cafeterías fronte ao illamento do teletraballo no fogar

Cada vez son máis os hostaleiros que facilitan espazos diferenciados nos seus locais

G24.gal 23/02/2026 20:05

Espazos onde tomar un café ao tempo que se mantén unha xuntanza virtual. Nalgunhas cafeterías situadas a carón do paseo marítimo da Coruña facilitan o teletraballo. 

"Non temos mesas designadas. Si hai mesas grandes que cando hai moita xente no local, por exeplo os sábados que está a rebentar,  pedimos se non lles importa colocarse nunha mesa de dous e xa está", explica Óscar Vales, cofundador de We Sustainability.

Integrado nun proxecto de sostibilidade ambiental, o local ofrece, entre os seus servizos, conexión gratuíta á Rede.

"Gusto moito de estar aquí pola tranquilidade, por saír un pouco da casa, mirar o mar, mirar outras persoas e por estar máis na sociedade", comenta un dos usuarios da cafetetería que teletraballa.

Óscar Vales engade que se trata "dunha cafetería diferente onde temos unha comunidade amplia e a xente vén a teletraballar e outra vén leer e outra a participar nas limpezas de praias".   

Realidade distinta é a cafetería de Uxía. Un pequeno local no centro da cidade que tivo que limitar o uso do teletraballo. Uns carteliños nas mesas indican: zona libre de traballo.

"Un sitio tan pequeno con tres mesas non era tan rentable e ao final decidimos pasar a xente que traballa co ordenador á zona da barra", sinala. 

Un xeito de facer compatible a actividade do negocio cunha clientela á que lle gusta teletraballar, pero fóra da casa.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar