Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mercar a granel mantense como opción de compra de consumo responsable

Mercar a granel mantense como opción de compra de consumo responsable

Nesta época de outono véndense sobre todo legumes e produtos de Nadal

G24.gal 25/11/2025 21:41 Última actualización 25/11/2025 22:04

Alimento que se vende pasa aquí pola báscula. Nesta época de outono, sobre todo legumes e produtos de Nadal.

"O que se está a vender moito son os figos, son de temporada e veñen moi grandes e fortes", comenta Edgar Ramírez, coordinador de O Graneiro de Amelia que conta con tendas nas catro provincias galegas.  

Hainos ecolóxicos, veganos, sen glute ou vexetarianos. Variedade e control.

"Temos inspeccións sanitarias bastante regulares. Todo vén etiquetado e cuns carteliños nos que indicamos os alérxenos, a data de caducidade e tamén o prezo por peso", engade. 

Quen merca alimentos ao peso teno claro.

"O prezo non está mal e amais paréceme que é menos industrial que collelo no supermercado con envases de plásticos".

O consumo a granel tamén se abre paso na limpeza e hixiene tanto persoal como para o fogar.

"Encho o envase ata onde o cliente me di. Non hai cantidade mínima. Podes probar, levar un pouco ou axustar a cantidade ao orzamento do mes", explica Mónica Galán, propietaria de La Casa Verde BioPompas da Coruña.

 A etiqueta dá conta da trazabilidade do produto. Para a súa clientela "paga a pena facer o esforzo de traer os envases ou levar as bolsas ou o que sexa por non ter ese plástico".

"E outra parte moi importante é que leva moitos menos químicos". "Logo hai xente que vén polas dúas cousas: que non sexa tóxico nin para ti nin para a pel nin para a casa; e amais reutilizar os envases", conclúe Mónica Galán.

Mercar ao peso e sen envases: unha decisión de compra que ten en conta o impacto social e a sostibilidade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar