Vivenda e transporte seguirán encarecendo este 2026
O prezo da cesta da compra subiu nos últimos anos un 22 %
A viaxe entre A Coruña e Vigo vai custar 21,48 céntimos, case un euro máis do que custaba o ano pasado. A AP 9 e das autoestradas que máis se encarecen en toda España. Un pouco menos, un 3,64 por cento, sobe a peaxe da AP 53 entre Santiago e Dozón. Facer todo o tramo custará 7,25 euros.
Pola contra, a boa nova para os usuarios é que as autoestradas de titularidade autonómica, a AG 55, A Coruña-Carballo, e a AG 57, Puxeiros-Val Miñor, continuarán cos prezos e as mesmas bonificacións do 2025.
Aena sobe as taxas aeroportuarias e as compañías aéreas xa avanzaron que repercutiran no prezo dos billetes. O mesmo vai facer Renfe si o obrigan a indemnizar por atrasos. Está claro que en 2026 para comunicarnos imos ter que rascar no peto.
Porque tamén soben as tarifas da telefonía e Internet. As tres grandes compañías xa lles avanzaron os seus clientes nos últimos días do 2025, que a novo ano, novas tarifas. Xustifican a suba por incremento dos custos e será arredor do catro por cento. Xa o notaremos na factura deste mes de xaneiro.
E non queda aí a cousa. O prezo da cesta da compra subiu nos últimos anos un 22 por cento. Algúns produtos como os ovos, subiron por riba do trinta. Así que, con algunha reserva, todo indica que cada vez que vaiamos ao supermercado imos gastar algo máis que no pasado.
Se temos que mercar unha vivenda, todo apunta a que os prezos van seguir subindo, despois dun 2025 no que xa se incrementaron nun 13 %. Os especialistas do sector avanzan que o prezo tanto da venda como do alugueiro non ten freo.
Cando menos, semella que a luz pode manterse estable, porque soben os custes fixos pero aventurase unha baixada dos custes da electricidade.