Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un coche queda espetado na area da praia do centro de Bueu ao caer dende o porto

Un coche queda espetado na area da praia do centro de Bueu ao caer dende o porto

Todo apunta a que o condutor, un mariñeiro que volvía de pescar, deixou o coche sen o freo de man

O coche caeu nunha zona onde acostuma haber bañistas, pero, por sorte, a praia estaba case baleira a esa hora 

G24.gal 16/07/2025 14:40

Foi un golpe, nunca mellor dito, de mala sorte. 

"Seguro que non meteu a marcha nin o freo e o coche foille pouquiño a pouco, e por iso quedou 'espichado'"

"O de que non deixou o freo de man, é raro porque é un coche dos que se pon só e non lle debeu saltar o freo"

O dono é un mariscador que volvía de pescar. Seica aparcara a primeira hora da mañá e contra a unha e media foi deixar as cousas ao coche. O golpe que lle deu ao maleteiro puido ser o empuxón xusto que precisaba o coche.

"Avaría non fixo moita. O capó quedoulle un pouco levantado e rebentoulle un pouco a defensa"

"Levantárono cun guindastre, pero o coche tendía a porse do revés e con outro guindastre tiveron que tirar del para poñelo ben". 

Foi unha fatalidade, pero, xa postos no malo, o comentario xeneralizado é que puido ser bastante peor.
De feito, o capó quedou a poucos metros dunha familia que aproveitaba a tarde de sol.

"Sorte que sempre hai críos na zona esa. Cando o sacaron estaba a punto de empezarlle a entrar a auga, faltáballe pouquiño"

"Tivo sorte que caeu aí na area. Tivo sorte que non había ninguén"

A caída do coche non cambiou rutinas. 

"Que caera onte non vai ser que caia hoxe outra vez. Que caia un día non quere dicir que vaia caer todos os días un coche. Nin o pensei"

Incidentes coma este son bastante habituais nas zonas portuarias, sobre todo entre xente que non coñece a zona. Non é o caso. Na explanada do porto, o acceso está limitado a usuarios con tarxeta.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade