O golfiño Manoliño desaparece sen deixar rastro da ría de Ferrol
Profesionais do CEMMA cren que puido morrer nas instalacións de Navantia o pasado 20 de xuño
O golfiño Manoliño desapareceu sen deixar rastro. Profesionais do CEMMA cren que puido morrer nas instalacións de Navantia o pasado 20 de xuño.
A ría de Ferrol leva tempo máis silenciosa. O golfiño Manoliño, que durante meses acompañou os mariscadores e sorprendeu os bañistas, desapareceu sen deixar rastro.
Comezou a amolar os profesionais e xa deixou de ter tanta graza. Chegara de xeito inesperado á ría de Ferrol a finais do verán pasado e axiña gañou o cariño do todos.
Con todo, profesionais do CEMMA explican que as imaxes do corpo en descomposición do arroaz que apareceu nas instalacións de Navantia, a finais de xuño, son compatibles co corpo de Manoliño.