Cargando resultados...
Morre Ladiña, o golfiño solitario que vivía na ría de Arousa, por un accidente cunha hélice
O exemplar asentárase na zona xunto coa súa nai, Ladeira
Os dous golfiños foran detectados en 2024 no porto da Guarda
G24.gal
05/03/2026 19:24
A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) informou da morte do golfiño solitario chamado Ladiña, que se asentara na ría de Arousa, por un accidente cunha hélice.
Segundo explica nun comunicado, a Cemma detectou a morte tras observar que a nai deste exemplar, Ladeira, leva semanas soa no porto de Marín.
En outubro de 2025, a entidade xa fixera un chamamento a non molestar estes dous golfiños solitarios, unha femia adulta e a súa cría.
En maio de 2024 detectaron dous golfiños da especie Tursiops truncatus no porto da Guarda. Posteriormente desprazáronse a Baiona antes de asentarse na ría de Arousa.