Publicador de contidos

Publicador de contidos

Preto de 3.000 bombeiros loitan contra 35 incendios forestais en Portugal

Preto de 3.000 bombeiros loitan contra 35 incendios forestais en Portugal

O lume máis grave é o de Arouca, onde hai 678 efectivos destacados e 241 vehículos, e leva ardendo. Hoxe detiveron unha muller de 56 anos sospeitosa de prender outro incendio forestal moi preto de Arouca.

O lume xa arrasou máis de 29.000 hectáreas en Portugal no que vai de ano

Desde o sábado está ardendo o Incendio que comezou en Ponte da Barca, na fronteira con Galicia. Alí hai desprazados 420 bombeiros e 145 vehículos terrestres

Bombeiros nos incendios de Arouca, Portugal. Imaxes da RTP
G24.gal 31/07/2025 10:17 Última actualización 31/07/2025 15:01

En Portugal, preto de 3.000 bombeiros loitan contra os máis de 35 incendios forestais no norte e centro do país. O máis preocupante é o de Arouca, a 60 quilómetros ao sur do Porto, no distrito de Aveiro. 

Este xoves detiveron unha muller de 56 anos sospeitosa de prender outro incendio forestal moi preto deste. Xa está controlado, pero puxo en risco varias vivendas e edificios industriais

Na Vila Viçosa, no epicentro deste incendio, os veciños levan máis de 24 horas vivindo con medo, rodeados polo lume e confinados nas súas casas. E tras o paso do lume, esta é a paisaxe que atoparon. Un escenario apocalíptico con algunha vivenda completamente calcinada e toda a vexetación carbonizada ao longo de decenas de quilómetros.

O lume máis grave é o de Arouca, onde hai 678 efectivos destacados e 241 vehículos, segundo os últimos datos da Autoridade Nacional de Emerxencia e Protección Civil (ANEP) lusa.

O fume dificulta a visibilidade. Imaxe da RTP

Este lume desencadeouse o luns pola tarde e propagouse moi rápido debido a que se atopa nunha zona onde hai abundancia de eucaliptos.

En Ponte da Barca arde desde o sábado pola noite

O incendio máis antigo, neste momento, en Portugal é o de Ponte da Barca, próximo á fronteira con Galicia, que comezou o sábado pasado pola noite. Alí hai desprazados 420 bombeiros e 145 vehículos terrestres.

Precisamente, tratando de apagar este lume, un helióptero accidentouse este mércores cando trataba de aterrar para recoller catro bombeiros en Arcos de Valdevez. Segundo as autoridades lusas, o aparello enganchouse nunha parra e neste accidente non houbo que lamentar vítimas.

O lume xa arrasou máis de 29.000 hectáreas en Portugal no que vai de ano.

Imaxes dos incendios de Arouca da RTP Imaxes dos incendios de Arouca da RTP
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade