Publicador de contidos

Publicador de contidos

Hostaleiros de Lugo quéixanse dos estragos que provocan os pelotazos nos seus negocios

Hostaleiros de Lugo quéixanse dos estragos que provocan os pelotazos nos seus negocios

Denuncian que os nenos usan a rúa como campo de fútbol, e piden que lles habiliten un espazo máis seguro para todos

Máis dun xa perdeu parte da vaixela ou tivo que repoñer o cristal do escaparate 
 

G24.gal 31/07/2025 14:14

A de Campo Castelo é unha das prazas máis concorridas do centro histórico de Lugo. Ducias de familias reúnense aquí cada día no parque infantil. Algúns menores xogan no parque, pero outros fano na propia rúa, que funciona como pista improvisada de fútbol. 

 "Tírannos as bandexas, rompen as portas", explica José Luis Fernández, un dos hostaleiros da zona 

Hai danos nas terrazas, nos esparates e nas portas de negocios e edificios. Os hostaleiros traballan entre balóns asumindo o risco. 

 "Que che dean un balonazo, que che rompan as copas e molestan os clientes", comenta o hostaleiro Eduardo Ciprián.

Hai carteis que prohiben esta practica, pero que non se respectan. Os hostaleiros non culpabilizan os menores. 

 "Os nenos son nenos, a culpa é de quen llelo permite", di José Luis Fernández.

As familias que acoden á zona din que os nenos non teñen un espazo onde xogar á pelota. 

"Este parque está moi ben e a xente ven aquí, tes nenos de 8 ou 9 anos que fas con eles, hai que crear outro espazo para que xoguen ao balón", comenta un avó.

A sucesión de incidentes pon en perigo a convivencia, por iso todos reclaman unha solución.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade