Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os petiscos da Milagrosa engaiolan a todos, con máis de trinta opcións onde escoller

Os petiscos da Milagrosa engaiolan a todos, con máis de trinta opcións onde escoller

Establecementos hostaleiros deste barrio lugués ofrecen de balde ata trinta petiscos diferentes acompañando a consumición

É unha cidade moi coñecida polos petiscos de balde
G24.gal 22/07/2025 20:57 Última actualización 22/07/2025 21:23

Se ben é certo que Lugo é unha cidade moi coñecida polos petiscos de balde cos que os hostaleiros acompañan as consumicións dos clientes, o que pasa na Milagrosa merece unha mención aparte, xa que neste barrio lugués hai establecementos que ofrecen ata trinta petiscos diferentes para que o cliente teñen onde escoller.

E non é so a variedade o que chama a atención, senón tamén a calidade e a cantidade, xa que os petiscos son practicamente racións. Por exemplo, co arroz á cubana, hai bares que inclúen neste petisco un ovo, tomate, unha salchicha e, obviamente, arroz branco. "Nós xa non xantamos ao chegar á casa" coméntanos un dos clientes.

Neste barrio no que conviven entre 12.000 e 13.000 veciños hai uns corenta bares, e se ben non todos chegan a unha oferta diaria de 30 petiscos, o certo é que en todos hai moito onde escoller, este é un dos motivos polos que a ruta dos viños pola Milagrosa adoita estar chea de xente e, ademais, conta cada día con maior número de turistas que o visitan pola sona dos seus petiscos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade