Publicador de contidos

Publicador de contidos

A carne de boi galego cotiza entre as de maior calidade do mundo

A carne de boi galego cotiza entre as de maior calidade do mundo

Cociñeiros madrileños coñeceron nunha explotación luguesa como é a cría tradicional dos bois de Raza Rubia Galega

Unha xornada organizada pola gandaría O'Pireiro e o Asador Gonzaba, que contou co embaixador mundial do xamón Ibérico

G24.gal 22/07/2025 14:34

Na aldea de Grolos, no municipio de Guntín, pastan entre carballos e ao carón do río os bois da gandaría O'Pereiro. 

Esa alimentación en extensivo é clave para conseguir unha das carnes máis ricas e mellor valoradadas do mundo. Para o empresario hostaleiro José Fernández, "o boi rubio galego é un produto que temos en Galicia, que é excepcional. Un produto fóra de serie, boísimo, pola climatoloxía e os pastos que temos".

Unha raza autóctona pola que leva anos apostando Antonio Pireiro. Este gandeiro e a súa familia reorientaron a actividade da explotación familiar e conta na actualidade con vinte e dous exemplares de entre 6 e 18 anos. Ningún dos seus bois vai ao matadoiro antes dos dez anos, cando o mínimos son catro. Esta maduración fai que a carne sexa máis compacta e un sabor máis intenso ca o da vaca vella ou Suprema. 

Restauradores madrileños tiveron a oportunidade de coñecer a cría tradicional dos bois de Raza Rubia Galega e probar a súa carne, que cotiza entre as de maior calidade do mundo froito desa alimentación e a crianza en liberdade. 

Entre os asistentes, o embaixador do xamón Ibérico, Florencio Sanchidrián, quen ofreceu unha cata de chacina de boi.

Unha carne ideal para facer un tartar ou cociñala á brasa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar