Publicador de contidos

Publicador de contidos

O xeado, unha das sobremesas máis populares

O xeado, unha das sobremesas máis populares

Xa sexa con frío ou con calor, o xeado é un dos produtos estrela do mercado e un dos máis consumidos pola xente

É un produto tan coñecido que goza de varios días ao ano para festexalo; un deles, na terceira semana de xullo

G24.gal 17/07/2025 14:51

É un dos manxares que máis lle gustan á xente. O xeado é tan coñecido que goza de varios días ao ano para festexalo; un deles, na terceira semana de xullo.

Hainos de todos os sabores. Dende os máis tradicionais, como a vainilla, a nata ou o chocolate, ata os máis innovadores, como a torta de queixo ou o chocolate de Dubai. Os gustos son variados, pero adoita haber unha especial predilección polos sabores máis comúns.

Moitos apuntan, ademais, que ten certas propiedades e que axuda, por exemplo, a facer unha mellor dixestión.

"O xeado é superdixestivo, sobre todo se falamos de sorbetes, que van feitos con bases de auga. Estes non son tan pesados coma os de materia graxa, que son os de leite", apunta Mónica Míguez, panadeira e xeadeira.

Xa sexa con frío ou con calor, hai moita xente que, de igual xeito, sae á rúa co obxectivo de saborear un bo xeado, e consideran calquera como un bo momento para degustar unha das sobremesas máis populares do mundo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade