Publicador de contidos

Publicador de contidos

O chef compostelán Alejandro Ferreiro, elixido Mellor Cociñeiro de Tapas 2025 en Galicia

O chef compostelán Alejandro Ferreiro, elixido Mellor Cociñeiro de Tapas 2025 en Galicia

Sete cociñeiros das sete cidades optaron ao galardón

G24.gal 01/07/2025 21:23 Última actualización 01/07/2025 21:38

O chef compostelán Alejandro Ferreiro, do restaurante O Sendeiro, foi elixido o Mellor Cociñeiro de Tapas 2025 coa proposta 'Bonito, millo e lagostino' no concurso 'Sete Cidades, Sete Sabores', unha iniciativa de Turismo de Galicia que busca promocionar o turismo urbano combinado coa súa oferta gastronómica.

O xurado técnico outorgou o principal premio a Alejandro Ferreiro; mentres que o xurado popular deu o seu galardón aos cociñeiros Álex Martínez e Mar Lago, do restaurante O Bacelo, en representación de Ferrol, que se presentaron coa tapa 'Os Polos Opostos'.

O concurso tivo lugar no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, cunha gala presentada por Lucía Rodríguez na que tanto un xurado profesional como o público valoraron as diferentes propostas.

Sete cidades representadas por sete sabores que escolleron cociñeiros de cada unha delas para as súas propostas en pequeno formato, todas cun ingrediente común: o amor polo produto local. 

A campaña Sete cidades, sete sabores busca impulsar o turismo urbano, en calquera época do ano, un turismo en auxe para o que a gastronomía é un atractivo máis.

"É certo, os turistas veñen cada vez máis informados e hai anos non existía pero si que cada día está máis presente", di Rubén González Vallejo, do Restaurante El Cafetín de Pontevedra.

Como colofón, a gala con sete cociñeiros e as súas sete propostas de sabor local en formato tapa para conseguir o título de mellor cociñeiro de tapas de Galicia 2025.

Nos anos 30 había en Ferrol unha empresa moi importante que traballaba o bacallao e os traballadores levaban para casa as cabezas porque se desbotaban. Quixemos facer unha tapa aproveitando esas cabezas de bacallau. Só o confitado xa son 12 horas", di Álex Bacelo, do restaurante Bacelo de Ferrol.

"Un trampantollo de tomate como un bombón recheo de tartar de atún e o envoltorio é como se fose un bombón", comenta sobre a súa tapa Rubén González Vallejo, do restaurante El Cafetín de Pontevedra.

Razas autóctonas, produtos da horta local e do mar, historia e un aproveitamento máximo entran nos petiscos canda presentación, textura, sazón e sabor, concepto e orixinalidade, tamén imprescindibles nunha tapa gañadora. 130 invitados e un xurado profesional deciden ao final da gala quen dos autores ha volver á casa como mellor cociñeiro de tapas do ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade