Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Guía Repsol seleciona 23 novos bares como Soletes en Galicia

A Guía Repsol seleciona 23 novos bares como Soletes en Galicia

A provincia que máis distintivos conseguiu foi A Coruña

En España seleccionáronse máis de 260, superando os 5.000 totais

Adrián Baúlde/Europa Press
G24.gal 26/06/2025 12:32

A Guía Repsol publicou a selección dos máis de 260 establecementos que denominarán como Soletes. Os bares e terrazas están situados por toda España. De todos os escollidos, 23 figuran en Galicia.

Na provincia da Coruña é onde máis Soletes encontramos, cun total de nove: Árnica, na Coruña; Marte, en Santiago; Pura Manteiga, en Miño; Do Petisco, en Carral; Saburil, en Muxía; O Castro e Cabeiro Camping Gastrobar, en Porto do Son; Riba da Cheda e O Moncho Burguer, en Carnota.

En Pontevedra son sete os establecementos recomendados: O Pirata, no Grove; Bico Beach, en Sanxenxo; Hama Bar, en Pontevedra; Os 3 Monos Aguete, en Marín; Carmela Portomaior e Noite Tapas, en Bueu, e Areoso Beach Club, na Illa de Arousa.

Para a provincia de Lugo, temos catro locais: Salitre, en Burela; A Terraza do Méndez, en Lugo; Confeitería Méndez, no Valadouro, e Taberna de Galiana, en Modoñedo.

Por último, completamos a lista cos tres restaurantes de Ourense: O Pillabán, na Rúa; Os Faroles, en Barbadás e Villa Chicana, en Vilamartín de Valdeorras.

Con estes máis de 260 Soletes da duodécima edición, esta distinción gastronómica xa supera os 5.000 distintivos por todo o país, onde figuran restaurantes, bares, terrazas, vinotecas, coctelerías e mesmo xeaderías.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade