Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os produtores da faba de Lourenzá temen que a falta de chuvia afectase á colleita

Os produtores da faba de Lourenzá temen que a falta de chuvia afectase á colleita

O ano pasado foi o exceso de chuviscas o que danou a recollida, pero nesta campaña botáronas de menos

 

 

Pode que este ano a faba de Lourenzá escasee de novo
G24.gal 09/09/2025 20:43 Última actualización 09/09/2025 20:58

Sinala o presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, José Cuadrado que "é a mellora faba do mundo",

Unha vez identificada, pode que este ano a faba de Lourenzá escasee de novo. O ano pasado perdeuse o 80 por cento da colleita debido ao exceso de chuvia. Segundo José Cuadrado, "hai moita sequía e prevese que será unha campaña escasa".

A incertidume fai que nalgunhas plantacións xa estea toda a faba recollida e noutras aínda lles falte uns días para comezar. Logo toca debullalas a man e finalmente envasalas. Explica Milagros Gómez, produtora de faba de Lourenzá que "hai que abrilas unha a unha, quitalas e metelas nunha cámara".

Ao mercalas, fíxense que estean identificadas co selo da Indicación Xeográfica Protexida. A primeira fin de semana de outubro é a festa gastronómica da faba de Lourenzá, onde se poñen á venda e tamén se poden degustar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade