Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ratas, humidade, incendios e ocupas: a situación que denuncian unhas veciñas de Neda

Ratas, humidade, incendios e ocupas: a situación que denuncian unhas veciñas de Neda

Un edificio en ruínas é o motivo principal de preocupación dunhas veciñas da rúa Sobre a Vila que levan varios anos denunciando unha situación de risco

Apuntan que hai ratas, que vivir alí é insalubre, que os nenos enferman a causa da humidade e que hai un continuo risco de derrubamento

Comentan que é un auténtico pesadelo, pero que o peor foi un incendio sufrido en marzo do 2023, que cadrou coa estadía dun ocupa no edificio

Dende o Concello non descartan que, de seguir sen resposta, sexa a propia Administación local quen se faga cargo da demolición

G24.gal 09/09/2025 15:00

Un edificio en ruínas é o motivo principal de preocupación dunhas veciñas da rúa Sobre a Vila, en Neda, que levan varios anos denunciando unha situación de risco, tanto para a saúde dos propios veciños como para a vida dos que pasan pola zona.

Un auténtico pesadelo segundo comentan. O edificio continúa sen tellados e coas vigas ao aire tras un incendio sufrido en marzo de 2023. Os veciños apuntan que cadrou coa estancia dun ocupa na casa. Reiteran, ademais, que hai ratas, que vivir alí é insalubre, que os nenos enferman a causa da humidade e que hai un continuo risco de derrubamento. 

"Isto é un perigo. Aínda que haxa uns valos, van vir temporais, como os que veñen en Galicia, e pode saltar unha tella, unha viga... e calquera que pase pode ter un accidente. Á parte diso, aos edificios colindantes estanos causando humidades, filtracións...", comenta Sonia Gonzalo, unha das veciñas.

"Hai mofo, os mobles desfanse pola humidade, os nenos teñen tos continuamente por estar respirando iso...", apunta Liliana González, a outra veciña.

Dende o Concello aseguran que xa tomaron medidas, que inclúen dende peticións de demolición a multas coercitivas ao propietario do edificio. De seguir sen resposta, non descartan que sexa a propia Administación local quen se faga cargo da demolición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade