Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Coruña busca cambios para frear comportamentos incívicos no transporte público

A Coruña busca cambios para frear comportamentos incívicos no transporte público

O pleno municipal abordará para iso cambios na ordenanza de mobilidade no pleno do vindeiro xoves

Prevé 200 euros por usar o altofalante do móbil ou 500 por subir cun patinete eléctrico

G24.gal 09/09/2025 14:27

A partir de outubro xa non se poderán usar os móbiles en modo altofalante para escoitar música dentro dos buses urbanos da Coruña.

"Sempre hai alguén que pon a música moi alta". "Deberían prohibilo tamén na rúa...", contan os usuarios

Tampouco se poderá comer no asento nin levar vasos ou botellas sen tapa.

"Moitos veñen almorzando no bus ata a universidade". "Todo é cuestión de convivencia e educación", aseguran

E para evitar demoras... os usuarios deberán ter preparado o medio de pago ou o importe exacto.

"Pero non sempre levas xusto para pagar o billete". "Saín rápido, non levaba o importe xusto, e iso repercute tamén no traballo do condutor", explican

E aclaracións sobre as mascotas. A ordenanza incorpora que deben subir ao bus en transportín e que non poderán ocupar un asento adicional nin obstruír as portas nin zonas de paso.

 "Eu teño unha gata e sempre a levo no transportín no meu colo", contan

Unhas normas que, quen as pase por alto, exponse a unha sanción de 200 euros. Pero hai multas máis elevadas. Acceder ao bus urbano cun patinete eléctrico equipárase a levar consigo materias inflamables, explosivas ou perigosas... e estará penado con 500 euros.

 "É pouco probable que arda un patinete... E poida que sexa o único transporte que teñas para rematar de facer o teu traxecto", conta un usuario

Todo isto consta no texto definitivo da nova ordenanza de mobilidade que o Goberno local vai levar ao pleno municipal do xoves vindeiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade