Publicador de contidos

Publicador de contidos

As treboadas con rebentóns húmidos teñen en alerta o leste da península e Baleares

As treboadas con rebentóns húmidos teñen en alerta o leste da península e Baleares

Prevense precipitacións torrenciais de ata 30 litros/m2 nunha hora ou acumulados de cen en 12 horas 

Cando se forman rebentóns os ventos poden superar ademais os cen quilómetros por hora 

Estes fenómenos aseméllanse aos tornados, pero avanzan expandíndose á redonda e non en liña 

G24.gal 09/09/2025 14:54 Última actualización 09/09/2025 15:48

A intensidade do vento e a chuvia sorprendía os veciños de Callosa de Segura.  

En Meteroloxía cualifican de rebentón húmido o que se viviu aquí e noutras localidades do norte de Alacante e o sur de Valencia na tarde deste luns. 

Foi totalmente imprevisto. A alerta era que ás cinco da tarde era cando paraba de chover e precisamente a esa hora foi cando veu ese rebentón con refachos de vento 120 quilómetros por hora e precipitacións de chuvia e pedrazo de ata 30 litros por metro cadrado en media hora

Amais de reparar os danos, sobre todo caídas de ábores e antenas de telefonía, seguen en alerta polo que se poida repetir este martes.

Boa parte do leste peninsular está en aviso amarelo. O risco é maior nesta zona do Levante e as illas Baleares, onde o aviso é de nivel laranxa porque se agardan treboadas máis intensas e organizadas. 

A gran maioría dos centros educativos de Alacante suspenderon as clases, unha medida que afectou a máis de 200.000 alumnos.

As chuvias poderían acadar os 40 litros por metro cadrado nunha hora ou acumulados de cen en 12 horas.

Mentres estean activos os avisos recomendan manterse en lugares seguros para evitar sustos coma o que pasaron os que estaban na tarde deste luns nunha terraza da localidade valenciana de Xátiva. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade