Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Congreso reactiva a tramitación da lei contra a fraude do alquiler temporal

O Congreso reactiva a tramitación da lei contra a fraude do alquiler temporal

A proposta de Sumar, ERC, Bildu, Podemos e BNG permanecía paralizada na Mesa dende o pasado decembro 

Verónica Martínez, voceira de Sumar, manifestou a súa preocupación pola "estratexia de dilación do PSOE"

O texto establece que os alugueiros temporais que duren máis de 9 meses ou encadeen máis de dous contratos consecutivos serán considerados contratos de arrendamento de vivenda habitual

A voceira de Sumar, Verónica Martínez. (EFE/Chema Moya) A voceira de Sumar, Verónica Martínez. (EFE/Chema Moya)
G24.gal 20/05/2025 11:27

A Mesa do Congreso desbloqueou este martes a tramitación da lei para combater o uso fraudulento dos contratos de alugueiro temporal e de habitacións. A proposta de Sumar, ERC, Bildu, Podemos e BNG, contou cos votos do PP, xa que o PSOE votou a favor de seguir prorrogando o prazo de emendas.

O texto establece que se un alugueiro temporal dura máis de nove meses ou encadea máis de dous contratos consecutivos entenderase como un contrato de arrendamento de vivenda habitual e poderánselle aplicar os mesmos preceptos, prazos e prórrogas.

Esta lei arrincou a súa tramitación en decembro, co apoio do PSOE, PNV e Junts e a oposición do PP e Vox, pero desde entón permanecía encallada na Mesa do Congreso, onde a maioría que forman socialistas e populares foi prorrogando sucesivamente o prazo de presentación de emendas.

A portavoz de Sumar, Verónica Martínez, que levaba varias semanas esixindo ao seu socio de goberno que desbloquease a tramitación desta iniciativa, manifestou a súa preocupación pola "estratexia de dilación" do PSOE na Mesa.

Anunciou ademais, que Sumar presentou unha autoemenda en favor da "prohibición de empresas como Desokupa".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade