Publicador de contidos

Publicador de contidos

Resolto o gran debate da tortilla: tres de cada catro enquisados prefírena con cebola

Resolto o gran debate da tortilla: tres de cada catro enquisados prefírena con cebola

O CIS preguntou por este prato no seu último estudo 'Turismo e gastronomía'

O 75 % das respostas coinciden en que a auténtica tortilla española debe levar cebola

O debate levaba décadas sobre a mesa
G24.gal 02/09/2025 14:50 Última actualización 02/09/2025 17:32

O debate levaba décadas sobre a mesa. Con ou sen cebola? Que debe levar unha boa tortilla de patacas? O Centro de Estudos Sociolóxicos acaba de publicar o avance do seu último estudo, 'Turismo e gastronomía', que o organismo realizou durante este verán.

Fixeron 2.900 entrevistas telefónicas sobre hábitos e gustos alimentarios, incluíndo unha pregunta moi concreta sobre a tortilla.

E os resultados parecen claros: o 75% das respostas están a prol de usar cebola na mestura. Un 19% di que non e só a un seis por cento lle resulta indiferente

"É o primeiro que preguntan", afirma Elena Ribeiro, unha das cociñeiras do coñecido bar Carballo de Vigo, onde levan medio século fritindo tortillas.

Os resultados do CIS parecen coincidir cos que atopamos na maioría dos bares de Galicia. Non hai unanimidade, pero manda a sección pro-cebola. En calquera caso, con cebola ou sen ela, a tortilla é unha das raíñas da gastronomía española.

Segundo a enquisa do CIS, a tortilla e a paella arrasan como pratos máis representativos do menú típico español. Iso si, os gustos van por territorios e así o alimento que máis se identifica con Galicia tamén pode levar aceite e patacas pero nada de cebola. É o polbo á feira.

Sen cebola

No Carballo de Vigo a tortilla cocíñase sempre pouco feita e, sempre, sen cebola. Así as fan dende hai cincuenta anos. Aseguran que non levan a conta, pero calculan que poden sacar corenta ou cincuenta tortillas ao día, moitas delas para comer en bocadillos ou para levar. Antonio Alonso, un dos líderes da saga familiar que rexenta o negocio, vota pola fritura sen cebola. Os clientes, claro está, sempre teñen a razón:

"Eu digo que sen cebola. Porque a pregunta típica da xente aquí é "Leva cebola?" e maioritariamente alégranse de que non leve".

Con cebola

Temos un punto de vista diferente nos fogóns de Las Tablas, un local da céntrica rúa Rosalía de Castro, tamén en Vigo. Alí preparan tortillas dende media mañá, para servilas como petiscos. Os clientes son veciños do barrio, pero tamén moitos turistas. Saen con cebola e sen cebola, pero o cociñeiro, Fran Tejada, prefire que leven.

"A que ten máis éxito é a de sen cebola pero noutros sitios é distinto. Eu estiven traballando en Madrid, e alí sempre a piden con cebola"

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade