Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os turistas apostan polos produtos galegos

Os turistas apostan polos produtos galegos

Conservas, queixos, viños, vermús e doces son os produtos máis demandados

Tamén a artesanía tradicional, con pezas cerámicas ou de ourivería para levar de recordo 

Os viños galegos, especialmente os brancos, teñen unha alta demanda
G24.gal 11/08/2025 13:29

Os turistas que visitan Galicia apostan pola gastronomía tradicional, tamén para levar de recordo.

"Sempre buscamos algo típico, embutidos, viño, levamos de todo un pouco", explica en Lugo un matrimonio de Barcelona que todos os anos visita a nosa terra. 

E si, os turistas buscan produtos de aquí, autóctonos. En Morera Gourmet o 90 por cento dos produtos son galegos. "Apostamos moito polos produtos da terra", explica Carolina Iglesias, quen destaca a alta demanda dos produtos mar, que ofrecen as conservas galegas: "A xente vén buscando moito o mexillón, polbo, sardiñas... Temos unha variedade bastante apetecible".

"Son auténticas xoias culinarias, duradeiras e doadas de levar. As conservas galegas van nas maletas".

"As conservas están moi valoradas porque temos moi bo produto", engade Isabel Rodríguez, CEO da Sucursal, quen explica que cada día intentan innovar máis. Unha busca continua a deste negocio con oitenta e cinco anos de historia para ofrecer os mellores queixos, doces ou viños galegos brancos e tintos, "pero evolucionaron os gustos, agora hai máis demandada Godello e Ribeiro. Tamén veñen demandado moito vermú galego, o vermú está de moda".

"Buscamos pequenos produtores, produtos artesanais, porque está máis demandado".

A artesanía galega tamén atrae os turistas. Ao carón da Catedral de Lugo están as tendas Triskel e Spiral, especializadas en cerámica e ourivería. José Carlos Grande explica que se encargan de explicarlle á clientela, especialmente que vén de fóra, todo o traballo que hai detrás de todas estas pezas. Entre as que máis éxito teñen están os Sapos "os pendentes típicos tradicionais", pero tamén os Aros da Fonsagrada, os torques e as figas. 

"Estamos buscando figas, para os meus fillos e a miña nora".
 

Agasallos materiais ou petiscos efémeros cos que recordar o seu paso por Lugo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar