Cargando resultados...
A alta velocidade entre Madrid e Galicia seguirá suspendida este mércores polo menos ata o mediodía
Revisan a infraestrutura para que a súa posta en servizo sexa o máis rápida posible cando se recupere o tráfico

G24.gal
19/08/2025 21:12
A circulación na liña de alta velocidade ferroviaria entre Madrid e Galicia continuará suspendida este mércores, polo menos, ata o mediodía, dada a situación dos incendios na provincia de Ourense, segundo informou Adif.
O administrador de infraestruturas ferroviarias engadiu que o seu persoal revisa a infraestrutura para que a súa posta en servizo sexa o máis rápida posible cando se recupere o tráfico.