As familias galegas gastan no inicio do curso escolar arredor de 338 euros
Os cartos destinados á adquisición de libros de texto e material para as aulas é un trinta por cento máis baixo que a media nacional
Cadernos, carpetas, os libros de texto e diverso material escolar. É o básico para o comezo do curso.
A dúas semanas para o inicio do curso hai que ir preparando o material. Un estudo recente conclúe que o gasto das familias galegas con nenos para o comezo do curso ronda os 338 euros, un 30 % menos que a media nacional. Así o indica a empregada dunha libraría en Lugo, Noelia Martín: "entre 300 e 350 euros, depende de se levan lotes completos ou se os teñen no banco de libros".
Recorrer aos libros de préstamo e as compras de segunda man axudan a conter o gasto no inicio do curso.
Segundo o observatorio que fixo a enquisa, este ano os gastos da volta ao colexio son un doce por cento máis que o curso anterior.