Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Centro Superior de Hostalería de Galicia convoca 37 bolsas de estudo para o próximo curso

O Centro Superior de Hostalería de Galicia convoca 37 bolsas de estudo para o próximo curso

Entre as axudas, 31 son para o grao en Xestión de Empresas Hoteleiras e 6 para o Curso Superior de Chef 

G24.gal 20/06/2025 14:20

O Centro Superior do Hostalería de Galicia acaba de abrir unha nova convocatoria de axudas, que pemiten aos alumnos seleccionados reducir ata un 80 % o prezo da matrícula e optar a residencia en pensión completa.

Son 37 bolsas en total. Un incentivo moi importante para entrar nun centro con 30 anos de historia que ten xa 3.000 exalumnos como directivos nos mellores hoteis dos cinco continentes.

 "Eu en 1º quería irme a un hotel a vivir a presión dun hotel vacacional, con moitos clientes. Sinto que me prepararon moito para poder tratar co público. E agora en segundo volvo a Mallorca a dous hoteis que son dunha categoría espectacular", declarou Andrea Novo, estudante de 2º a piques de comezar o segundo período de prácticas.

Andrea veu desde Valladolid estudar ao Centro Superior de Hostalería de Galicia. E está a punto de iniciar o segundo ano de prácticas operativas, un dos puntos fortes que ofrece a formación en Santiago.

"Temos que dicir que agora mesmo, nas grandes cadeas internacionais, as súas cúpulas directivas, tanto en España como noutros países, son moitos exalumnos nosos. E todas as cadeas internacionais veñen aquí buscar estes directivos", explicou José Pazos, director do Centro Superior de Hostalería de Galicia. 

A profesionalidade dos formados aquí durante os 30 anos de traxectoria do centro é hoxe un aval. A carreira, explican, é coma un ADE, pero para dirixir hoteis, e para iso abordan, ademais das materias relacionadas con economía e administración, as que os preparan para coñecer a fondo todos os departamentos, desde o servizo de cociña ao de limpeza. Serán directivos o día de mañá, pero previamente teñen que saber como son os traballos operativos.

Para o ano haberá máis prazas. O prazo de matrícula está xa aberto na USC.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade