Publicador de contidos

Publicador de contidos

Preparan unha nova ordenanza para cambiar as polémicas terrazas de Maria Pita, na Coruña

Preparan unha nova ordenanza para cambiar as polémicas terrazas de Maria Pita, na Coruña

As actuais estruturas acristaladas, colocadas en 2002, levan dous anos coa concesión caducada 

O Concello da Coruña busca unha alternativa máis móbil e que impacte menos no conxunto histórico

Os hostaleiros demandaban unha nova normativa pero temen as posibles consecuencias do cambio de modelo 

G24.gal 16/10/2025 15:10

Hai xa 22 anos que as estruturas acristaladas das terrazas forman parte da estampa da praza de María Pita. A súa colocación foi polémica no seu día e agora, que a concesión leva xa dous anos vencida e parece que por fin se vai buscar unha alternativa a división de opinións sobre o seu impacto mantense viva

Amais dos cambios de tendencia nas terrazas en zonas históricas, sobre as de María Pita pesa o paso do tempo, e moitas acusan bastante corrosión. Por iso, e pola incerta situación legal, hai tempo que os hostaleiros demandan unha nova ordenanza, e parece que agora o Concello está en visos de concretar esa reforma. Xa tivo algún contacto cos hostaleiros nos que se apuntou que o proxecto buscará solucións máis lixeiras e de fácil montaxe e desmontaxe.

Unha nova xuntanza

Para a próxima semana está prevista unha nova reunión do concello cos hostaleiros na que agardan que lles concreten máis sobre o futuro deseño. Todos agardan que se teñan en conta as súas achegas, porque o espazo de terraza é unha parte fundamental do negocio e o feito de que estean acristaladas dálles unha vida máis permanente durante os períodos de mal tempo.

A reunión convocada polo concello será o próximo 21 de outubro, pero sexa como fora parece que o debate sobre o modelo de terrazas máis axeitado vai seguir aberto, tanto entre os profesionais coma entre os clientes. 

As opinións están divididas entre as vantaxes e desvantaxes das terrazas acristaladas As opinións están divididas entre as vantaxes e desvantaxes das terrazas acristaladas
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade