Publicador de contidos

Publicador de contidos

O persoal da cafetería do parque lucense de Rosalía pide medidas contra o botellón

O persoal da cafetería do parque lucense de Rosalía pide medidas contra o botellón

Vómitos, mexadas, vidros rotos e bolsas de plástico son algúns dos refugallos que recollen cada fin de semana

A veciñanza da contorna leva tempo denunciando os prexuízos destas macro-xuntanzas de xente nova

G24.gal 01/11/2025 15:06 Última actualización 01/11/2025 17:39

Cadeiras estragadas polo parque, mesas dadas a volta, ducias de botellas e de vasos, bolsas de plástico, mexos e vómitos son algúns dos restos do botellón que o persoal da cafetería do parque de Rosalía de Castro, en Lugo, debe recoller á mañá cada fin de semana.

Segundo a xerente do local, Rosa Rivas, tardan horas en facer este labor xa que cada noite se xuntan centos de persoas novas ao acubillo da zona cuberta deste establecemento para consumir alcol.

Asegura que o panorama "é desolador" e a impotencia "enorme" porque a rapazada emprega o mobiliario da cafetería para deixalo logo ciscado e deteriorado polo parque adiante e tampouco recolle o lixo que xera.

Residentes da contorna cos que falou a TVG comentan que, ademais, parte da mocidade que participa no botellón nesta zona é menor de idade.

A veciñanza e o persoal da cafetería pídenlles ás autoridades que tomen medidas para impedir que isto suceda cada fin de semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade