Os trens de alta velocidade entre Madrid e Galicia seguirán suspendidos este martes
Debido á situación dos incendios, Renfe confirmou varios trens especiais entre Madrid e Zamora

O servizo de alta velocidade entre Madrid e Galicia seguirá suspendido este martes, acumulando xa seis días consecutivos sen servizo.
"A situación dos incendios en Ourense impide que este martes se recupere o servizo de alta velocidade entre Madrid e Galicia", informou Adif a través dunha mensaxe na rede social X.
🔔 ACTUALIZACIÓN GALICIA: 19 DE AGOSTO
— InfoRenfe (@Inforenfe) August 19, 2025
🔴 Suspendida circulación de Alta Velocidad entre Madrid y Galicia durante lo que resta de martes debido a la situación desfavorable de los incendios.
ℹ️ Recordamos que puedes anular/cambiar tu billete sin costes y agradecemos tu…
Debido á situación dos incendios, Renfe confirmou varios trens especiais entre Madrid e Zamora, con saídas desde a capital ás 7:14 horas e ás 13:20 horas, e desde Zamora ás 8:40 horas e ás 14:36 horas.
Puente explicou que "non hai cambios significativos sobre a posibilidade de utilizar" a liña de alta velocidade e que, por tanto, este martes non se poderá prestar o servizo por quinta xornada consecutiva.
"Todo apunta a que mañá na primeira das tres franxas nas que dividimos o día para tomar as decisións de cancelación, tampouco se prestará servizo", engadiu Puente.
No hay cambios significativos sobre la posibilidad de utilizar la LAV Madrid-Galicia. Por tanto hoy seguiremos igual, y todo apunta a que mañana en la primera de las tres franjas en las que hemos dividido el día para tomar las decisiones de cancelación, tampoco se prestará… https://t.co/kSD5nt8q0e
— Oscar Puente (@oscar_puente_) August 19, 2025