Despezan unha cherna de 55 quilos en Oia
O peixe foi collido en Fisterra e del sairán 120 racións: lombos, empanada ou á prancha
Foi pescada en Fisterra, pasou pola lonxa de Vigo, por unha peixería da Guarda e finalmente a enorme cherna rematou no restaurante no Porto dos Barcos de Santa María de Oia.
Son 55 quilos dun exemplar que pode ter 50 anos. E ademais de grande está moi bo, xa case se pode cociñar coa súa graxa.
Del aproveitase case todo: a carne, os ollos, as espiñas, a pel para facer torresmos, a cabeza para facer empanada. Velo xa é un espectáculo, movelo e toralo tamén. Agora toca comelo.
Este mediodía xa se tomou á prancha, o sábado en empanada, e os que se dean présa aínda poden reservar as poucas racións que quedan deste exemplar único. Serán 120 racións. Quedan moi poucas.