O servizo de alta velocidade entre Madrid e Galicia seguirá suspendido este luns
Permanecen tamén cortados os tramos da rede convencional ferroviaria Zamora-A Coruña e Palencia-A Coruña entre Ponferrada e Monforte
Hai case 33 mil viaxeiros afectados desde o mércores pasado
A circulación ferroviaria entre Madrid e Galicia por alta velocidade seguirá interrompida durante este luns, segundo anunciou o ministro de Transporte, Óscar Puente.
"O panorama non cambia a mellor. Mañá tampouco teremos servizo na LAV Madrid-Galicia", publicou Puente en X.
Previamente, Adif informou na mesma rede social que os trens estarán suspendidos polo menos ata mediodía deste luns.
🔴 ACTUALIZACIÓN GALICIA 14:50
— InfoRenfe (@Inforenfe) August 18, 2025
Debido a la mala evolución de los incendios queda interrumpida definitivamente la circulación ferroviaria de Alta Velocidad entre Madrid y Galicia para la jornada de hoy lunes 18.
Renfe mantiene los cambios y anulaciones sin coste para todos…
En Ourense existen numerosos incendios activos e as altas temperaturas e os refachos de vento impiden operar o servizo ferroviario con seguridade.
Decenas de persoas seguen atrapadas na estación de tren da Coruña. Algunhas desde o xoves pasado, por mor da suspensión dos servizos a Madrid polos lumes forestais na provincia de Ourense.
Os numerosos incendios activos e as altas temperaturas nas provincias de León, Zamora e Ourense impiden operar o servizo ferroviario con seguridade e tres liñas máis da rede convencional ferroviaria tamén se atopan interrompidas.
O xestor ferroviario explicou nunha publicación nas súas redes sociais que a liña entre León e Monforte de Lemos continúa cortada entre os tramos de Vilamartín de Valdeorras, en Ourense, e Montefurado, en Lugo.
Así mesmo, a liña entre Zamora e Seabra segue interrompida nos tramos entre as localidades zamoranas de Carbajales de Alba e Sarracín de Aliste, mentres que tamén existe un tramo cortado entre Gardo e Puente Almuhey.