Castro de Rei restrinxe o consumo de auga pola presenza de arsénico
O arsénico detectouse nas últimas análises realizadas na depuradora, a auga da billa só se pode usar para tarefas de limpeza
As restriccións afectan a trece parroquias, entre elas a máis poboada, a de Ribeiras de Lea e ao núcleo urbano do municipio
É o produto máis buscado nas últimas horas nas tendas de alimentacion de Castro de Rei. Os veciños carrexan na auga embotellada tras a recomendación de non consumir a da billa. Auga embotellada ou a do pozo.
"Nós temos pozo", di unha veciña, outra asegura que "nunca bebe auga da billa, que a merca"
Detectaron altos niveis de arsénico na auga da billa, e o Concello restrinxiu o seu uso só ás tarefas de limpeza.
"O do arsénico é cousa da natureza, os niveis detectados son mínimos pero son os límites que establece a Administración e hai que cumprilos por iso se restrinxe o consumo", explica un veciño que ten unha explotación gandeira no municipio.
As restricións afectan a trece parroquias, entre elas a máis poboada de Ribeiras de Lea e o propio núclero urbano do municipio.
"A xente que ten gando levarao peor", di unha veciña. Outra cre que "a auga é moi importante, teñen que darlle unha solución"
Hai un proxecto para reformar a depuradora e construír un novo depósito de auga co que o Concello espera resolver definitivamente o problema.